¡Acércate a Arenys!
(espanyol)
Adpete Arenys
(llatí)
Averate a Arenys!
(asturià-bable)
¡Amana-te ta Arenys!
(aragonès)
Arriba't a Arenys
(català)
Arriba-te en Arenys
(occità-aranès)
Come to Arenys!
(anglès)
Chum uf Arenys!
(suís-alemany)
Bari Galust Arenys
(armeni)

Kom naar Arenys!
(holandès)
Komm nach Arenys!
(alemany)
Kom til Arenys!
(norueg)
Kom till Arenys!
(suec)
Hurbil zaitez Arenysera!
(basc)
Odwiedzcie Arenys
(polonès)
Tervetuloa Arenyssiin!
(finès)
Ven a Arenys!
(gallec)
Venha a Arenys!
(portuguès-brasiler)
Venu al Arenys
(esperanto)
Vieni ad Arenys!
(italià)
Viens à Arenys!
(francès)



titolet.gif (1572 bytes)

Arenys de Mar é un dos principais concellos da comarca do Maresme. O porto de Arenys, durante moitos anos o único en toda a costa norte de Barcelona, é o exemplo máis evidente da longa historia e tradición mariñeira da vila. As praias enmarcadas polos cumios rentes do mar son un anuncio da veciña Costa Brava.

Vista des del Cementiri

Arenys non está nin moi lonxe nin moi preto de ningures. Barcelona está a 40km pola estrada N-II ou a autoestrada A-19. O tren de proximidades (liña C-1) fai o traxecto ata a barcelonesa Praza de Catalunya en 50 minutos. A estrada B-511 mantén as comunicacións a través de Collsacreu coa autoestrada A-7 (saída de Sant Celoni). O macizo do Montseny está moi preto e tamén os parques naturais de El Corredor e El Montnegre. Girona está a 60 km e Montserrat a 1 hora en coche. O aeroporto de Barcelona está a 56 km e o de Girona- Costa Brava a 40 km.

Imatge de aerea A pesca e toda a industria que se desenvolve arredor do porto son os grandes motores económicos da vila. É o porto mais sobranceiro do Maresme e concentra case toda a frota pesqueira da comarca. A subhasta do peixe, que se fai cada serán ó volveren as barcas, é un espectáculo pintoresco que chama por moitos visitantes.

O porto ten un gran espacio dedicado ás embarcacións deportivas. De verán moitos veleiros, nas súas singraduras mediterráneas, fan escala en Arenys. Os estaleiros seguen a ser unha industria importante.

A Riera é o centro comercial e o eixo de toda a actividade local. O Mercado, un espléndido e funcional edificio modernista, está aberto tódalas mañáns e as tardes dos venres. No seu interior o rebumbio de xentes e a actividade son constantes.

La Riera davant de l'Ajuntament (Foto Bertran)

Os sábados o traxín comercial trasládase a toda a Riera onde se instala, durante toda a mañán, o mercado semanal..

Els Gegants a la Plaça de l'Ajuntament

É Festa Maior por Sant Zenon (9 de xullo) e por Sant Roc (16 de agosto) e por Sant Joan (24 de xuño) celébrase a Fira del Solstici d'Estiu.

Arenys é capital do seu partido xudicial. Ten dúas importantes zonas industriais en desenvolvemento de promoción pública e privada. A agricultura recuou nos últimos anos pero segue habendo cultivo da horta.

Arenys de Mar ten un Instituto de Bacharelato, unha Escola Superior de Avicultura, unha Escola de Música e varias escolas de encaixe de bolillos.

A oferta turística está diversificada. A poboación ten un único hotel, o Activ-Carlos I e hai algunhas pensións. No verán é moi doado e económico alugar un apartamento. Els Banys de Can Titus teñen máis de douscentos anos de historia. Agora son un moderno e modélico balneario de augas mineiro-menciñais de composición clorada sódica.

Arenys recibe a diario a visita de centos de escolares e numerosas excursións de xubilados. Os atractivos artísticos e monumentais, os museus, o porto e todo o que rodea o mito de Sinera, creado por Salvador Espriu, son bos argumentos para vir a Arenys. Os fins de semana é moita a xente que vén á vila simplemente para xantar ben.

O atractivo das praias de Arenys é duplo. Dunha banda por seren moi extensas e da outra por mor da area graúda que as cobre (Platja de Cabaió). Para os que prefiren os espacios con sombra a vila ofrece o parque de Lourdes e a posibilidade de pasearen polos abondosos camiños e rials que circundan o concello.

Cementiri de Sinera. La Pietat de Llimona. Dentro do casco urbano hai alguns sitios que é obrigado visitar. A igrexa parroquial de Santa María ten un dos máis sobranceiros retábulos de Catalunya, construído a primeiros do século XVIII polo escultor Pau Costa. No alto da rúa da Igrexa está o Museu Marés da Punta (dedicado ó encaixe de bolillos) e o Museu Mollfulleda de Mineraloxía (con importantes coleccións de minerais).

Nas dúas beiras da parte baixa da Rieira hai un lote de currunchos urbanos e casas de notable beleza. O percorrido por este labirinto de rúas ten ben agradables recompensas. Aínda se conservan algunhas torres de defensa construídas contra a piratería.

O cemiterio de Arenys é un exemplo característico dos cemiterios mariños mediterráneos. Está situado no bico do Turó de la Pietat, a poente da poboación, dende onde se ten unha vista privilexiada de todo o porto e o casco urbano. Salvador Espriu converteuno en mito literario coa obra poética Cementiri de Sinera.

Continuade visitando a nosa web e solicitádenos calquera aclaración ou información complementaria que precisedes sobre Arenys.
A traducción do texto é unha colaboración de Vieiros